O pasado 24 de Outubro foi o día das Bibliotecas Escolares. Aproveitamos a ocasión para que coñecésedes mellor o funcionamento da nosa "Biblio". Por iso estivestes traballando coa CDU e facendo o voso marcapáxinas.

Que vos pareceu a experiencia? Se non vos quedou moi claro, neste blog tedes unha noticia onde vos pon a CDU. E... seguiremos traballándoo máis adiante.
Hola de novo a todos e a todas.
Comeza a estar aberta a Biblioteca Escolar durante os recreos para que poidades coller libros, ler revistas, participar no noso blog,...
LEMBRADEVOS DE CUMPLIR AS NORMAS e ¡¡¡A Disfrutar!!!
Colocade aquí os comentarios que nos queirades facer.
Pouco a pouco iremos creando novos apartados para que poidades escribir outras cousas.
Axiña colocarán as novas estanterías, e nelas poderedes atopar máis facilmente os libros de información. Só vos tedes que guiar polos grupos da CDU:

Se queres ver mellor os temas que entran nos distintos grupos da Clasificación Decimal Universal (CDU) clica a continuación:
http://www.edu.xunta.es/portal/mostrarfile?tipoRecursoCampoID=72e4e373-c0a8fd03-006e7a5b-a9a0b568&recursoID=ae3cda38-4532174a-01270489-85bccec3&lleng=gl
Durante A SEMANA DO LIBRO, do 23 ao 27 de Abril, realizouse no colexio unha liberación de libros descatalogados da biblioteca.

As familias puideron velos e facerse con eles de 9.00 a 9.30h. ou de 14.00 a 14.30h. Tamén estiveron a disposición do alumnado durante o tempo de recreo.
O 30 de Marzo contaremos coa presencia do ilustrador: Anxo Fariña.
Por suposto, podes contarnos que che parece, se che gustou ou non, que foi o que máis che chamou a atención,...
Día da POESÍA, da ÁRBORE e inicio da PRIMAVERA
Do 12 ao 16 de Marzo celébrase a Semana da Prensa. Achégate á Biblioteca e poderás ver e ler distintos tipos de publicacións:
LUNS 12: DEPORTES
MARTES 13: INFANTIL
MÉRCORES 14: CIENCIA e CULTURA
XOVES 15: PRENSA ROSA
VENRES 16: CREACIÓNS
Tamén poderás votar polas túas revistas favoritas. ANÍMATE!!
NON deixedes de ler na revista OKAPI de Marzo, o artigo que fala de catro rapazas de diferentes países. Veredes que a pesar de levar un tipo distinto de vida, os seus soños poden ser parecidos aos vosos.

Polo Entroido puxemos á vosa disposición as accións insuperables do "rei dos disfraces", Mortadelo e Filemón. Achégate á Biblioteca para disfrutar das súas aventuras, trala exposición inicial, atoparalos na sección de CÓMICS.
Dinos que opinas destes libros.

De tódolos debuxos que fixestes imaxinando como sería a vosa biblioteca, eleximos o que máis nos gustou para a portada do próximo xornal "A Billarda nº3", así como outros seleccionados que tamén os poderedes ver en dita revista.
Este foi o gañador:

E estes os catro seleccionados:
O debuxo gañador é de Marta 6º; e os seleccionados son de: Sara 5º, Alba 3º, Carla 4º e Cynthia 5º. NORABOA a todas
Xa lle puxemos nome á nosa mascota. Despois de ver as vosas ideas, decidimos escoller.....
PLOI
¡Esperamos que vos guste!
Xa tedes dispoñibles os novos exemplares de Kika Superbruxa.
Desta vez estará acompañada dun novo personaxe chamado Dani. Búscaos na estantería de lectores autónomos (etiqueta verde) que ten libros de narrativa en castelán.
¿Que opinas sobre estes libros? ¿Gústanche? ¿Non liches ningún porque non che chaman a atención? ¿Debería haber máis?,... Danos a túa opinión